FORGA: homologado para a Tarxeta Profesional da Construción
Fecha Viernes, 20 agosto a las 17:48:42
Tema PHP-Nuke


A Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza (FORGA) obtivo da Fundación Laboral da Construción a homologación necesaria para impartir as accións formativas en materia de prevención de riscos laborais para a obtención da Tarxeta Profesional da Construción

Trátase dun documento que acredita a cualificación, experiencia e formación do profesional que será obrigatorio para traballar no sector a partir de xaneiro de 2012, tal e como recolle o IV Convenio Colectivo xeral do Sector da Construción (2007-2011).


Para obter a TPC deberase completar, cando menos, unha das accións formativas en materia de prevención de riscos laborais que oferta a FORGA para tal fin e que se poden consultar no documento que se anexa a continuación. No caso de que se recibira outro tipo de formación nesta materia, os interesados deberán acreditala para a súa validación. Pódese solicitar máis información a través da Área de Proxectos e Programas da FORGA, na Avenida do Aeroporto, 92, 1º andar, 36206, Vigo. Tamén no teléfono 986 272 075 ou nos enderezos electrónicos snpedagoxico@forga.org ou sndirxerente@forga.org.

Domento: Accións formativas da FORGA precisas para obter a TPC. (PDF )

Link: CIGONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1133