Mala lectura dos cambios sociais que viviu o país
Fecha Jueves, 12 marzo a las 22:45:56
Tema PHP-Nuke


O líder do BNG, Anxo Quintana, fíxolle chegar a diferentes militantes da organización un docmento asinado por el no que analiza o resultado electoral e, ao tempo, dá as súas receitas para mellorar o rumbo da nave nacionalista. O escrito, con data do 10 de marzo, asegura que o Bloque infravalorou “o pontencial real do PP” e non foi quen de transmitir á sociedade, canda o PSdeG, unha auténtica “cultura de coalición”. Quintana tamén recoñece que houbo unha “lectura equivocada sobre a conexión dos instrumentos de poder real co PP. Especialmente nos ámbitos económicos, financeiros e mediáticos”.

Mais, o docmento considera que a cuestión lingüística tamén estivo no cerne da derrota electoral.  Quintana cre que as clases medias están “cada vez máis distanciadas do proceso galeguizador do nacionalismo”. Así,  afirma que o nacionalismo non soubo ler a nova situación lingüística do país.

O aínda voceiro nacional do Bloque coida que a organización debe defender a ultranza a imaxe do bipartito. Tamén considera que “sen abdicar un ápice dos nosos principios” o nacionalismo ten que aceptar “con normalidade política o feito real dunha sociedade bilingüe e dun corpo electoral do BNG tamén bilingüe”.

Quintana aposta por recompoñer a relación co PSdeG “baseada na aceptación e no respecto mútuo. Único método para afianzar os gobernos municipais no inmediato futuro e para facer críbel diante da sociedade unha posible alternativa a medio prazo”. En canto á organización, o docmento aposta por un “proceso de reflexión ordenado” e por abrir unha nova etapa “protagonizada por novos actores”.

Poden ler aquí o docmento completo

Link: VIONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=113