Blanco garante a construción da A-8
Fecha Jueves, 19 agosto a las 17:37:24
Tema PHP-Nuke


O ministro de Fomento, José Blanco, garantiu onte a construción da Autovía do Cantábrico malia a reprogramación. O titular de Fomento, que admitiu que en diversas comparecencias cualificara o axuste inicial de 6.400 millóns en dous anos como “severo pero imprescindible”, non quixo especificar a que obras se destinarán os recursos adicionais. Porén, adiantou que se destinarán a actuacións “prioritarias” e “en avanzado estado de execución”, como exemplificou no caso da autovía do Cantábrico, que cualificou como unha “actuación prioritaria”.

Así, a Transcantábrica será unha das 50 obras que contará con fondos para a súa conclusión. Na súa opinión, trátase dunha das autovías “máis vertebradoras” do Norte de España na que “se cumprirá co grao de execución inicialmente previsto”, ao igual que outras obras que se efectuarán “en todas as comunidades autónomas”, precisou. Ademais, Blanco indicou que a A-8, que “afecta a Lugo, Asturias e Santander” é unha infraestrutura que “facilita a mobilidade e cohesiona o territorio, comunicando todo o Norte de España con Europa”. Así mesmo, reiterou que nesta actuación “se cumprirá o grao de execución previsto inicialmente”. “Nada vai ser como foi ata agora”, admitiu o titular de Fomento tras lembrar que o nivel de investimentos alcanzado nos últimos anos situou a España “á vangarda de Europa” en materia de infraestruturas. Neste sentido, Blanco aludiu á liña ferroviaria do tren de alta velocidade, “unha das máis desenroladas do mundo”, dixo, e “á nova terminal do aeroporto de Santiago, que inauguraremos o ano que vén”, como dous exemplos desa situación.

PORTO EXTERIOR DA CORUÑA

Por outra banda, José Blanco asegurou que “axiña” se inaugurarán os portos exteriores de Xixón e A Coruña. “Non necesitamos realizar inversións porque xa o fixemos”, sinalou con respecto ao seu financiamento. Neste sentido, Blanco lembrou que, na súa última comparecencia no Congreso, formulou a creación dunha subcomisión que permita estudar a forma “máis adecuada” para financiar as infraestruturas, xa que “cada día se gastan uns seis millóns de euros” na conservación das mesmas, salientou o titular de Fomento. Por outra banda, en respostas aos xornalistas, José Blanco asegurou que o Ministerio de Fomento alcanzou “nalgúns ámbitos” a totalidade do presupostado para o presente ano.

Link: XORONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1127