Quere vostede ser alcalde?
Fecha Martes, 17 agosto a las 18:05:08
Tema PHP-Nuke


Un artigo de Rafael Cuiñe publicado no Xornal de Galicia
© 2010 Rafael Cuiña - Xornal de Galicia

" Corren tempos complicados para todos aqueles que aspiren ás cadeiras de poder polas que, non hai moito tempo, algúns estaban dispostos a deixar polo camiño os cadaleitos que fose mester. ...


.... Supoño que para alguén que teña aspiracións no mundo da política, unha das maiores honras posibles é ser alcalde do seu pobo. Agora chegou o momento de saber cantos deses aspirantes a rexedores de destinos das vilas e pobos que forman ese ente superior chamado Galicia serán capaces de asumir unha tarefa que nos próximos anos se aventura como farto complicada e de gran complexidade pola falla de recurso que se albisca nun futuro moi próximo nas tesourarías dos nosos concellos.

As novas sobre as resolucións de tribunais facendo directamente responsables a alcaldes dos impagos, tendo que responder co seu propio patrimonio para facer fronte ao que o diñeiro de todos non pode, creou unha sensación de alarma entre os potenciais candidatos ás poltronas municipais. Probablemente, aínda que a medida ditada pola xustiza sexa conforme a dereito –faltaría máis–, podería ser considerada lesiva para a necesaria acción política e o futuro daqueles dispostos a exercer cargos, para os que non sempre demostran estar preparados.

Se os concellos teñen que renunciar a subvencións por estar afogados e non poder cofinanciar proxectos obxecto de dita inxección económica, se ameazan con non poder facer fronte ao pago de servizos básicos e se empezan a falar de renunciar a competencias para que asuman outras administracións o que eles non poden, teremos que afirmar que a gravidade do que acontece é maior do que nos queren deixar ver.

A situación debuxa un aterrador panorama no que concellos que deberán devolverlle ao Estado cantidades inxentes que probablemente non están en condicións de asumir, leis que prohiben o endebedamento ao longo prazo de entidades municipais perfectamente saneadas dende un punto de vista económico e unha inxusta igualdade restritiva con respecto a outros consistorios municipais nos que a mala xestión de recursos públicos fai que as súas arcas estean baleiras pola desvergonza da súa xestión.

Non se preocupen, que ao final os que van pagar todo isto van ser os de sempre, os cidadáns. Xa anuncia o ministro José Blanco que os impostos no Estado están por debaixo da media europea, nunha clara declaración de intencións cara á subida impositiva que sen dúbida os socialistas preparan. Claro que do que non falan tan claro é da renda dos españois con respecto aos demais pobos de Europa...

E outra cuestión, u-la responsabilidade política? Ou non? "


Link: XORONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1122