A UPG rende hoxe o seu tributo anual a Reboiras en Ferrol
Fecha Jueves, 12 agosto a las 09:11:18
Tema PHP-Nuke


Como todos os anos dende 1975, a UPG –Unión do Pobo Galego, forza hexemónica dentro do Bloque– homenaxea hoxe en Ferrol ao seu militante Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista tal día como este hai 35 anos. Dende o ano pasado, Reboiras é considerado oficialmente vítima da ditadura por parte do Goberno central dentro da Lei de Memoria Histórica.

O tradicional acto comezará ás 19h na Praza de Armas de Ferrol, dende onde a comitiva nacionalista irá ata a rúa da Terra, ao mesmo portal onde Reboiras foi disparado ata a morte no medio dunha redada contra a UPG, daquela clandestina. Alí realizarán unha ofrenda floral. Posteriormente, intervirán o portavoz municipal do BNG na cidade, Xoán Xosé Pita, e o secretario xeral da UPG e membro da Executiva do Bloque Francisco Rodríguez.

amén realizarán o seu tributo á figura de Reboiras os independentistas de Nós-UP. A pasada fin de semana, tivo lugar unha homenaxe plural ao falecido na súa vila natal de Dodro, na que participaron diversas forzas políticas, e do eido cultural e familiares. Un dos que participou nese acto foi o presidente da RAG e membro da UPG nos anos sesenta, Xosé Luis Méndez Ferrín.



© 2010 UPG



© 2010 UPG

Link: XORONLine - UPG






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1115