Javier Urrutia e A Musicalité abren mañá os concertos
Fecha Miércoles, 11 agosto a las 12:19:27
Tema PHP-Nuke


A cita coa música en Cedeira arrinca mañá despois de que o pasado sábado comezase a vivirse na vila o ambiente festivo típico durante o verán. Así, as actuacións de Jaime Urrutia e A Musicalité inauguran o ciclo de concertos que se prolongará ata o vindeiro domingo.

O recital do vocalista de Gabinete Caligari, que empezou a súa carreira en solitario hai xa oito anos, é un dos pratos fortes dos festexos. Traerá ata a vila mariñeira o son inconfundible da movida madrileña. O concerto comezará ás once da noite na Praza da Constitución.

Unha hora antes, os integrantes do grupo A Musicalité, con gran éxito entre os mozos, ofrecerán no mesmo escenario aos veciños e turistas de Cedeira todo o seu repertorio. O venres, Os Eternos, Dr. Explosion e Burning serán as actuacións máis destacadas. O sábado, día no que se celebrará o pregón, actuará Presuntos Implicados.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1114