Museo Xeolóxico
Fecha Miércoles, 11 agosto a las 11:08:25
Tema PHP-Nuke


Doce pedras de 500 quilos de peso cada unha delas servirán para tomar conciencia da importancia de Cedeira como un dos territorios metamórficos máis importantes de Europa.
Este conxunto de rocas, extraídas entre o faro Candieira e a zona de Candales, constitúe o que os responsables municipais xa coñecen como museo xeolóxico ao aire libre do Concello cedeirense e cuxo emprazamento non será outro que os espazos que xurdiron por mor da construción do paseo fluvial do río Condomiñas.
O traslado das pedras non se executará ata días logo de finalizadas as festas patronais, que comezan esta mesma semana.
Á espera de coñecer o contido real do proxecto, desde o Concello de Cedeira adiántase que se exhibirán catro diferentes tipos de rocas, algunhas delas con máis de 1.600 millóns de anos de antigüidade, como pode ser o caso das anfibolitas, e outras máis recentes, como as serpentinitas, con ?só? 300. Ademais, haberá exemplares de granulitas e eclogitas.
O alcalde de Cedeira, José Luís Vergara, acompañado de membros do Club Montaña Ferrol e do geólogo ferrolán, Fran Canosa, seleccionou esta mesma semana as pedras que forman parte dunha iniciativa longo tempo ambicionada polo equipo de goberno cedeirense.



© 2010 - Diario de Ferrol

O alcalde de Cedeira, José Luís Vergara, recordou que a idade da terra está ao redor dos 4.500 millóns de anos e subliñou a importancia metamórfica do municipio cedeirense, por canto no mesmo existen pedras con máis de mil seiscentos millóns de anos de antigüidade. Por este motivo, o alcalde sinalou que "a metade da idade da terra está en Cedeira" na súa intención de sintetizar o valor xeolóxico dun territorio con lugares tal significativos como poden ser a serra da Capelada ou a zona dos cantiis de Herbeira.

Unhas pequenas anotacións localizadas nas inmediacións de cada unha das doce rocas seleccionadas servirán de referencia a aquelas persoas interesadas polo mundo da xeoloxía ou que simplemente teñan curiosidade por exploralo no seu concepto máis básico, como pode ser visitando unha exposición ao aire libre.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1113