Concello de Cedeira - Pleno
Fecha Martes, 10 agosto a las 12:00:44
Tema PHP-Nuke


O equipo de José Luís Vergara, alcalde de Cedeira, convocou para a unha da tarde de hoxe unha sesión plenaria de carácter extraordinario.

Só catro cuestións figuran na orde do día da mesma. Así, o pleno da corporación municipal terá que pronunciarse con respecto a unha modificación, por valor de 200.000 euros no orzamento anual. Este cambio obedece á necesidade de deixar constancia da achega do Plan Ferrol á creación do viveiro de empresas que o Concello cedeirense sitúa no parque industrial da Trabe.

A seguinte cuestión tamén garda relación co documento contable. Neste caso, trátase de reflectir o segundo desembolso ao que debe facer fronte o consistorio para así cumprir cunha sentenza do Tribunal Supremo. Trátase do fallo relacionado coa obra do pavillón municipal, unha construción executada no ano 1987 e que, á marxe do custo inicial, derivou nun carga extra de 240.000 euros para as arcas municipais. A metade de devandita cantidade corresponden ao diñeiro reclamado pola construtora, mentres que a outra se paga en concepto dos intereses de demora.

A última cuestión que se abordará na sesión prevista para a tarde de hoxe martes ten como protagonista á Asociación Sobrerodas, unha entidade de recente creación no municipio pero con máis de 200 persoas afiliadas. O Concello, de pronunciarse a favor o pleno, subvencionará con 2.000 euros a instalación dunha rampla no vehículo propiedade da entidade para facilitar o acceso aos discapacitados.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1110