Vodas de prata da banda de gaitas Robaleira
Fecha Sábado, 07 agosto a las 14:13:55
Tema Colaboradores


Onte a banda Robaleira cumpriu vintecinco anos de existencia. A ninguén se lle pasou pola mente que tal acontecemento chegaría a darse, pois é un cuarto de século gozando coas melodías desta formación que pasou por intres moi difíciles, pero sempre superou con tesón, constancia e a teima no proxecto que a directiva da entidade  e os propios rapaces tiñan forxado.
Onte, digo, a banda e a sociedade deron un espectáculo de saber facer e saber estar. Saber facer porque cada un dos directores que tivo, Vicente, Xabier,  José Antonio, Edelmiro e Antonio, con poucos días de ensaio, puxeron ós seus respectivos rapaces a traballaar e o resultado foi que os asistentes rompiamos a mans a aplaudir cada unha das interpretacións.
Moita emoción, anécdotas, recordos, ausencias sentidas, bágoas. O auditorio rebordaba, alcaldes de distintas épocas presentes, e tamén disticións para os que traballaron na celebración do evento. O presidente de Robaleira Antonio Rodríguez Taracido recibiu unha placa en recoñecemento do seu labor ó  frente da entidade ó longo destes anos. O alcalde actual J.Luís Vergara fixo entrega doutra placa á entidade Robaleira. En fin, espectáculo que marcará, sen dúbida un fito na historia da músia de Cedeira. Sublime.
J. Antón Suárez Aneiros.

Link: Envíos






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1102