CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS
Fecha Lunes, 02 agosto a las 11:34:01
Tema PHP-Nuke


Anuncio do 29 de xuño de 2010, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai pública a Decisión do 28 de xuño de 2010, de non someter o Plan de utilización dos espazos portuarios do porto de Cedeira (A Coruña), promovido polo ente público Portos de Galicia, ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica establecido na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei 9/2006, do 28 de abril, de avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, faise pública a decisión de non someter o Plan de utilización dos espazos portuarios do Porto de Cedeira (A Coruña) promovido polo ente público Portos de Galicia, ao procedemento establecido no seu artigo 7.


Esta decisión pódese consultar na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no seguinte enderezo da internet:


http://aae.medioambiente.xunta.es/

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2010.

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental


Link: XONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1097