TerraGalega: Sobre o PP e Juan Gato
Fecha Viernes, 30 julio a las 19:57:56
Tema PHP-Nuke


Para cando deixan o bico en público ?

En relación coas noticias que nos últimos días veñen publicando algúns medios de comunicación sobre o interese do PP en contar con militantes de Terra Galega para as súas listas electorais ás próximas eleccións municipais, e, co comunicado emitido hoxe por don Juán Gato Díaz anunciando a súa desvinculación persoal de Terra Galega, a Comisión Permanente desta formación quere puntualizar o seguinte:



A manobra do PP de "fichar" alcaldes de Terra Galega en etapa preelectoral non é nova; xa procurou hai anos a destrución de Coalición Galega con métodos similares, conscientes de que una forza política xenuinamente galeguista e verdadeiramente de centro, como é Terra Galega, impediríalle poñer en práctica as políticas antigalegas que tanto lles aplauden en Madrid. É ata certo punto lóxico que o PP busque candidatos ata agora alleos ás súas estratexias, pois tras máis dun ano de goberno na Xunta, Galicia está en grave risco de parálise.

Terra Galega, pola súa parte, presentará candidaturas ás eleccións municipais en 200 concellos galegos cun programa reformista e centrado nos habitantes de Galicia que nos sitúe, como mínimo, ao nivel das comunidades españolas máis desenvolvidas.

GATO

No referido especificamente ao comunicado de Juán Gato, é importante explicar á opinión pública que:

O 17 de setembro de 2009, Terra Galega anulou os expedientes sancionadores a varios militantes, entre os que estaba Juan Gato. Posteriormente, o 26 de marzo de 2010, a petición persoal súa e, formalmente, de tres alcaldes de Terra Galega (Narón, Neda e Valdoviño), Gato entrou a formar parte da Dirección Nacional de Terra Galega.

A día de hoxe, non ten renunciado nin ao seu cargo na dirección nin á súa militancia. Terra Galega, como é lóxico, respecta calquera decisión persoal que libremente tome o interesado.

É importante subliñar, en calquera caso, que a política é un traballo colectivo e, polo tanto, as posturas persoais carecen de importancia. Máis, no caso de Terra Galega, que é un proxecto plural de vocación cidadá, no que buscamos artellar baixo una sigla común os anceios persoais de galegos e galegas de moi diversas vocacións, profesións e tendencias.

A estruturación dun partido galeguista de centro reformista é un traballo complexo no que, necesariamente, deberán participar moitas persoas. A suma das ideas de moitos, postas en común nun debate democrático, é o esforzo no que estamos inmersos e que está dando bos froitos. O traballo persoal debe sumarse ao esforzo colectivo a favor de Galicia: en solitario nada se aporta.

Nós, en Terra Galega, non dedicaremos tempo a cousa algunha que non sexa traballar pola nosa terra.

Link: TeGaONLine - MáisGaliciaONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1095