Concello de Cedeira . Deputación da Coruña
Fecha Miércoles, 28 julio a las 12:07:02
Tema PHP-Nuke


O alcalde de Cedeira, José Luís Vergara, estampou onte a súa firma en dous documentos que lle reportan á administración local unha axuda provincial de case 200.000 euros.


© 2010 - Diario de Ferrol


A cantidade considérase suficiente, segundo fontes municipais, para construír tres novas pistas deportivas e para a adquisición dun tractor que tanto pode intervir na limpeza de leiras ou viarias como na que se acomete periodicamente na praia da Magdalena durante os meses de verán. En canto ás instalacións deportivas, as intencións dos responsables municipais de Cedeira pasan por habilitar unha pista de pádel, outra de tenis e un campo de fútbol sala en leiras de propiedade municipal situadas nas inmediacións das instalacións de fútbol.

Á execución das obras destínanse 80.400 euros, mentres que para a transacción da maquinaria uns 110.000 euros. As pistas realizaranse en formigón e con peche perimetral, coas súas correspondentes marcaxes e sinalización, así como o seu equipamento deportivo.
O presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, rubricou o acordo co Concello de Cedeira dando o visto e prace aos convenios que previamente foran sancionados polo rexedor municipal.
O acto tivo lugar onte martes na sede da Deputación provincial.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1090