A casa de don Avelino
Fecha Jueves, 22 julio a las 08:30:47
Tema PHP-Nuke


O antigo casarón situado fronte á Consistorial de Cedeira que comprou o Concello fai máis dun lustro para convertela nun museo aínda se atopa abandonada. A falta de fondos para levar a cabo a súa rehabilitación preséntase como o motivo principal da paralización desta actuación.


© 2010 - Ari García - La Voz de Galicia

O alcalde, José Luis Vergara, sinala que para que o proxecto da obra leve a cabo o Concello necesita a subvención da Xunta de Galicia, xa que os orzamentos que se pediron para arranxar o inmoble son demasiado elevados para que corran a cargo das arcas municipais.


Ademais, o rexedor afirma que aínda se están preparando os informes para que o edificio sexa declarado Ben de Interese Cultural, e que en canto se termine este documento instarase á administración autonómica a que participe no financiamento.

Vergara dixo non confiar en que o Executivo autonómico ofreza axudas económicas a curto prazo para as obras, xa que «a AC-566 aínda non conta coa súa atención e o corredor Ferrol- San Cibrao atópase paralizado. A Xunta de Galicia non mira nada polo concello de Cedeira. A crise económica é só unha desculpa máis para apartar a vista», engadiu.

Prazos incumpridos

O Concello anunciou no principio do ano que a primeira intervención no inmoble chegaría antes do verán e consistiría en arrombar a fachada cun orzamento que roldaría os 100.000 euros.

Unha vez incumprido este prazo, a desparasitación do interior e a recuperación do patio para abrir ao uso público deberán esperar polo menos ata o ano que vén. Fuentes municipais aseguraron que para esta última obra xa se habilitou o acceso rodado para minusválidos. A idea inicial do proxecto de rehabilitación é que a casa, con tres plantas, dea cabida a varias áreas ben diferenciadas; unha de carácter etnográfico, outra arqueolóxica e unha terceira ambiental.

O edificio, que se coñece popularmente como a casa de don Avelino, data do século XIX, pero se asenta sobre as bases dunha vivenda do século XV da que conserva varios escudos e algún alicerce.

O cronista do pobo, Rafael Usero, encargouse de recompilar varias pezas de gran valor para enriquecer o futuro museo. O Concello pretende que o investigador sexa o próximo director do centro.

Link: VONLIne






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1082