Concello de Cedeira - Rede de saneamento
Fecha Miércoles, 21 julio a las 22:18:08
Tema PHP-Nuke


O goberno municipal de Cedeira proponse executar a obra que dará servizo de saneamento aos veciños de Laboreña, Cordobelas e O Vilar, este último lugar de Santoña e os dous primeiros en Esteiro. Trátase dunha actuación cuantifiada ao redor dos 115.000 euros. Esta cantidade, segundo o alcalde, o socialista José Luís Vergara, é a que o goberno soubo aforrar do plan cuatrienal que o Concello executa a día de hoxe na parroquia de San Román.

Esta intervención, valorada inicialmente no medio millón de euros, foi contratada posteriormente en algo menos de 400.000, por iso é polo que o consistorio dispoña do remanente que garante a realización da obra agora prevista para as zonas antes citadas. Desde a Alcaldía de Cedeira recórdase que un dos primeiros compromisos alcanzados coa veciñanza foi o de ampliar os servizos básicos á maior cantidade posible de contribuíntes, por iso é polo que o goberno municipal invista todos os seus esforzos e diñeiro en poder cumprir o obxectivo trazado.

Linbk. DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1080