Cedeira estrea unha senda peonil
Fecha Jueves, 15 julio a las 08:27:34
Tema PHP-Nuke


«Cedeira foi sempre vertebrada cara ao mar. Chegou o momento de potenciar o espazo natural que rodea o seu río principal». Con estas palabras inaugurou onte o secretario Xeral do Mar, Juan Carlos Martín Fragueiro, acompañado do delegado de Goberno en Galicia, Antón Louro, e do rexedor do municipio, José Luis Vergara, a nova senda do río Condomiñas.


© 2010 La Voz de Galicia

Esta actuación finaliza a recuperación de servidume de tránsito peonil ao longo de todo o dominio público marítimo-terrestre no núcleo do municipio.


A nova infraestrutura esténdese por ambas as marxes do río, 300 metros pola súa marxe esquerda e 440 pola marxe dereita, e ten unha anchura de tres metros. A pasarela foi construída con bordos de madeira e materiais granulares. A actuación incluíu ademais os peches de leiras lindeiras e a implantación de bancos e papeleiras.

O Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Marino investiu nestes traballos un total de 300.000 euros. Actualmente estúdase a redacción do proxecto para recuperar o protagonismo entre a senda que se inaugurou onte e a praia ao longo do río cun orzamento de 60.000 euros.

Ademais, a administración central levou a cabo este ano o perfilado da praia da Magdalena co movemento de 30.000 metros cúbicos de area.

Segundo asegurou o representante de Mar, estas actuacións forman parte da política do Ministerio de Medio Ambiente para recuperar o litoral respectando as características paisaxísticas de cada zona, e facilitar o goce da costa a todos os cidadáns.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1075