Concello de Cedeira - ALCALDÍA
Fecha Miércoles, 14 julio a las 14:10:33
Tema PHP-Nuke


Fai uns días o Partido Popular sacou un ha nota de prensa na que acusaba ao Goberno Municipal de Cedeira de, por unha banda, adxudicarse intervencións alleas e, por outra, de excesivos consumos telefónicos de carácter persoal. Fan con elo unha mezcla de "ataque de celos" e de "calumnia que algo queda" coa pretensión de mancillar o traballo honesto e riguroso. Por responsabilidade democrática, debemos sair ao encontro destas declaracións, a pesar da baixa catadura que amosan.

A primeira das cuestión s fai referencia á intervención levada a cabo pola Demarcación de Costas de Galicia, dependente do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino durante o presente mandato no Sarridal, na Magdalena e no Condomiñas.

No Sarridal supoñemos que se referirán ás escaleiras de acceso ás Sonreiras, o mobiliario alí instalado de bancos e papeleiras , a sinalétid explicativa de tan fermoso paraxe, á construcción de novas proteccións nas Baterías ou á eliminación de maleza, amén da xestión para a compra de parcelas. Lamentamos informar aos Conservadores que as obras van continuar coa rehabilitación da cetárea que incorporaremos ao proxecto de reserva mariña impulsada pola Cofraría de Pescadores.

Na Magdalena pensamos que se refiren aos accesos de madeira para persoas con dificultades motrices, á reparación do paseo marítimo, no referente ao firme, bancos e papeleiras, arborado, ao trasvase de áridos en cada un dos veráns deste mandato co consenso das mariscadoras ás que se lles pagaron os xornais polo traslado do berberechd cando foi necesario. Cicais tamén inclúan a renovación das farolas porque non saben, ¿qué van saber", que elo foi resultado de xestións con outros negociados.

Por último cremos que o que máis lIes doi ten que ver co Paséo Fluvial, coa recuperación para o pobo das beiras do río Condomiñas. Unha intervención que tivo que contar coa cesión dos terreos por parte dos seus propietarios, cu-estión que agradecemos unha vez máis, polo que ten de exemplificante para todos nós e que amosa un comportamento cívico que pensamos forma parte da maioría da nosa veciñanza. De igual maneira lamentamos informar á oposición de que xa está contratada a asistencia técnica para elaborar o proxecto que suporá a remodelación profunda das beiras que van desde a Ponte Vella ata o principio do Paseo Fluvial. Sabemos do seu disgusto porque, igualmente temos pensado seguir me llorando río arriba, para o cal impulsaremos un ha serie de medidas que faciliten o traslado dalgunhas naves ao Parque Empresarial da Trabe.

Finalmente, a respecto da utilización persoal dos teléfonos do Concello empezo dícindo que a este Alcalde ninguén lIe poderá demostrar ningunha chamada a familiares en Sudamérica nin noutra parte do extranxeiro. Gustaríame saber se o meu predescesor pode dicir o mesmo. Os servicios de
intervención informanme que o último ano con todas as contas aprobadas é o 2008 e nese ano os custes telefónicos totais rondaron os 20.000 euros. a terceira parte do que dí a oposición, pero para máis información os custos do meu teléfono móbil é Cle sobremesa ten unha media de 66,15 euros ao
mes no último trismestre. Di o refrán que "pensa o ladrón que todos son da súa condición". Nese e noutros moitos aspectos trabaron en óso con este Alcalde que leva sempre no peto o seu móbil privado, que utiliza o seu propio utilitario para as viaxes oficiais polos que cobra 19 céntimos de euro por cada quilómetro ou que carece da miseria de pasarlle o gasto dun café ao Concello. O portavoz do grupo popular calificou no Pleno da Corporación de "pecado venial" a utilización do seu vehículo oficial para os seus asuntos particulares. Mais para este humilde socialista isto é corrupción pura e dura.

Estamos dispostos a aprender, a recibir lección s de quen as pode dar, pero esta non é, nin de lonxe a situación dos nosos opositores do PP.

En Cedeira, a 14 de xullo de 2008
JOSÉ LUIS VERGARA REY



Link: Concello de Cedeira - Alcaldía






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1074