Protesta do PP Cedeira
Fecha Sábado, 10 julio a las 14:02:05
Tema PHP-Nuke


O PP de Cedeira acusa ao goberno municipal de adxudicarse intervencións alleas. Os "populares·" apuntan en concreto ás obras que a Demarcación de Costas levou a cabo na praia da Magdalena, na zona das Baterías ou nas beiras do río Condomiñas. Desde as filas do PP advírtese de que o inicio das mesmas produciuse durante o último goberno do conservador Leopoldo Rubido Ramonde, no ano 2006.

Noutra orde de cousas, desde o citado grupo da oposición interprétase que o feito de cambiar de compañía telefónica, por parte do goberno municipal, non obedece a outra cuestión que ao interese de ocultar os excesivos consumos persoais de cada un dos membros do tripartito. O PP apunta que o acordo asinado consiste nunha cota constante de 58.000 euros anuais máis o importe de determinados e puntuais consumos.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1068