A Fonte da Area
Fecha Viernes, 09 julio a las 13:25:09
Tema PHP-Nuke


O goberno de Cedeira recorreu ao Plan de Obras e Servizos da Deputación para dispor dos 30.000 euros necesarios para recuperar o aspecto primigenio da fonte da Area. Trátase dunha construción de arquitectura popular moi representativa dun barrio de pescadores que sobrevive a pesar do crecemento urbanístico que experimentou a vila.
A obra, que basicamente consistiu na substitución dunha cuberta de formigón por outra a base de cerchas de madeira e teza, chegou ao seu termo, segundo fontes municipais.
O alcalde, o socialista José Luís Vergara, desvelou ademais que a actuación que concluíu esta mesma semana non será a última que o goberno municipal execute no citado barrio.

Así, aos 150.000 euros do Plan E recentemente investidos nas obras de remodelación da praza do Beco e a súa contorna, o equipo de Vergara está disposto a xestionar novas axudas por un importe similar para acometer o proxecto na rúa do Amor Fermoso, cuxa denominación deber á presenza dunha imaxe relixiosa do mesmo nome na travesía en cuestión. Neste caso, como no proxecto da praza do Beco "que finalizará no prazo de dous meses", a intervención dará lugar á separación das augas fecais das pluviais, á canalización de servizos como o de telefonía ou electricidade e a renovación integral do pavimento. O rexedor municipal de Cedeira apunta que está disposto a chamar ás portas da Xunta e a Deputación da Coruña a fin de reunir os máis de 150.000 euros necesarios para acometer o proxecto. Vergara entende que coa realización do mesmo garántese unha parte moi significativa da historia local, e mellórase considerablemente a calidade de vida dos seus habitantes.
Actualmente, no barrio da Area, ao estar situado sobre un banco de area, viven ao redor de 300 veciños do termo municipal de Cedeira.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1067