Saneamento no rural - Concello de Cedeira
Fecha Martes, 06 julio a las 12:25:33 Tema PHP-Nuke
O goberno de Cedeira acomete a quinta obra dun plan municipal que
consiste en dotar de saneamento á zona rural. O proxecto que desde o día
28 de xuño afecta á parroquia de San Román beneficiará a unha poboación
de 300 veciños, distribuídos entre os lugares de Arón, Corredoira,
Pasada e Vila do Río. Unha cantidade moi similar de persoas tamén vira
mellorada a súa calidade de vida coa entrada en servizo de depuradoras e
rede de rede de sumidoiros nas poboacións de Cordovelas, Cervo,
Corredoira de Cervo e A Xunqueira. Este conxunto de obras, cuxa contía
supera os 750.000 euros, levouse a cabo durante o presente mandato
municipal.
A intervención que está en curso contratouse pola cantidade de 470.000
euros e o proxecto está sendo executado pola UTE da que forman parte as
empresas Ramón Vázquez e Cotraguas. A depuradora que se instalará no
lugar de Arón terá capacidade para 700 veciños e a rede de tubaxes
discorrerá ao longo duns 2.000 metros. O responsable de Medio Ambiente e
portavoz do PSOE no goberno de José Luís Vergara, Manuel Pérez Riola,
destacou o feito de que o Concello cedeirense sempre atopou o respaldo
de administracións supramunicipais para levar a cabo un proxecto que se
pretende completar con intervencións xa previstas para as zonas de
Régoa, Sisalde, Barral e o núcleo de Mundín. No caso da última obra, o
goberno de Cedeira xestionou unha subvención de 560.000 euros do Plan de
Cooperación cos Concellos da Deputación da Coruña. O prazo de execución
da rede de sumidoiros de San Román é de doce meses, segundo o contrato.
Link: DFONLine
|
|