DÍA DA CLASE TRABALLADORA GALEGA
Fecha Miércoles, 11 marzo a las 08:20:17
Tema PHP-Nuke


"Que ningún traballador quede sen prestación social"

"Os cartos dos banqueiros nos soldos dos obreiros", "a crise social que a pague o capital", ou "postos de traballo na nosa terra!".

Estas son algunhas das proclamas que no Día da Clase Traballadora Galega se escoitan nas diferentes concentracións que se repiten ao longo do país. En Santiago de Compostela, o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, explícanos cales son as principais demandas nesta data: "é urxente a creación de emprego, o seu mantemento e a dotación de maiores e mellores prestacións sociais, para que ningún traballador se quede sen cobertura", explica.



Doutra banda, o secretario comarcal da CIG en Compostela, Anxo Noceda, tamén incide nestas medidas, que considera "urxentes" e completa: "para garantir un nivel de vida digno dos traballadores é necesaria unha real redistribución da riqueza". Os manifestantes de Santiago, que se concentraron na Praza de Galiza, levaron a súa protesta cara a unha entidade do Banco Santander, perante o cal denunciaron a achega de miles de millóns á banca "que non serviron para mellorar a situación das familias galegas nin do tecido produtivo do país".

Finalmente, no referente ás demandas ao futuro goberno galego en materia de emprego, Seixo enumera: "a necesidade de maior investimento público de carácter produtivo, aumento de gasto social, nacionalización da banca, profundar na transferencia de competencias para Galiza e apoio para os sectores produtivos galegos para mellorar a súa competitividade".

Link: VIONline






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=106