Investimentos da Deputación na Confraría de Pescadores
Fecha Jueves, 01 julio a las 11:08:24
Tema PHP-Nuke


O vicepresidente da Deputación da Coruña, Pablo Villamar, visitou o pasado martes a Confraría de Pescadores de Cedeira para poder facerlle entrega dun novo camión equipado con grúa e halador. A administración provincial realizou unha achega de 43.996 euros para poder facer fronte á adquisición deste equipamento, necesario para o desenvolvemento da actividade na propia lonxa.
Villamar, acompañado polo patrón maior, Agustín Pérez, puido visitar tamén as dependencias da lonxa e da propia Confraría. O vicepresidente da Deputación destacou a importancia das melloras nas infraestruturas produtivas e tamén valorou o que estas conlevan para o correcto desenvolvemento económico dos sectores produtivos


©2010 Diario de Ferrol

O deputado nacionalista recordou os investimentos que a administración provincial realizou na Confraría de Pescadores de Cedeira desde 2004, que permitiron mellorar as condicións de traballo de tódolos socios do pósito. Entre os desembolsos destacan os equipamentos de oficinas e fábrica de xeo –40.000 euros–; da lonxa e comercialización de produtos –49.300–; en explotacións de frío industrial –42.000–; da rula –31.900– e comercialización –44.900–.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1058