Concello de Cedeira - ARI no casco antigo
Fecha Miércoles, 30 junio a las 09:53:01
Tema PHP-Nuke


A rehabilitación das vivendas do casco antigo da vila de Cedeira centrou onte o tema da reunión mantida no consistorio entre o alcalde, José Luis Vergara, e persoal da delegación ferrolana do Colexio de Arquitectos, presidida por María Fernández. Ambas partes abordaron no transcurso do encontro a posibilidade de asinar un convenio que permita que o casco antigo de Cedeira se constitúa nun Área de Rehabilitación Integral (ARI), unha medida que permitiría aos propietarios das vivendas incluídas na zona a obter importantes axudas para proceder á rehabilitación das mesmas.
Vergara indicou que na actualidade hai 110 vivendas baleiras no casco vello da vila cedeiresa, moitas delas, asegurou, nun estado de deterioro “preocupante”.

Tanto o Concello como o Colexio de Arquitectos coincidiron en recoñecer que a financiación dese convenio é un dos principais inconvintes para a súa materialización. O alcalde apuntou que o acordo podería supoñer ás arcas locais un desembolso duns 40.000 euros. “Por parte del Concello, ahora mismo, es complicado poder realizar este gasto, pero quizás sí se podría reservar una partida en el presupuesto del próximo año”, indicou Vergara.
A sinatura do convenio entre ambas partes posibilitaría realizar un catálogo coa localización dos edificios que se poderían beneficiar dese ARI. No documento tamén se contemplaría unha previsión das dotacións necesarias, como pode ser o caso, tal e como explicou o alcalde de Cedeira, dun parque infantil no casco antigo –do que carece esa zona na actualidade– ou dunha área reservada para estacionamento, entre outras intervencións.
Así mesmo, instalaríase na vila unha oficina de rehabilitación, co fin de que as persoas interesadas en tramitar as axudas para a recuperación de vivendas incluídas no ARI puidesen recibir información ao respecto e mesmo tramitalas, tal e como explicou o rexedor de Cedeira.
Varios municipios da comarca, como Ferrol, Mugardos, Ares e Neda, entre outros, xa teñen declaradas este tipo de Áreas de Rehabilitación Integral, ó que permitiu a reconstrución de vivendas localizadas nos seus cascos vellos.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1055