Concello de Cedeira - Emprego municipal
Fecha Martes, 29 junio a las 10:21:13
Tema PHP-Nuke


ANUNCIO

APERTURA DO PRAZO PARA PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA FORMAR PARTE DO PROCESO SELECTIVO PARA FORMAR PARTE DUNHA CUADRILLA DE LIMPEZA DE PRAIAS


Aprobadas por Resolución de Alcaldía de data 28 de xuño de 2010, ás “Bases específicas para a contratación laboral temporal dun oficial de pirmeira e catro peóns para a cuadrilla de limpeza de praias” faise pública que a apertura do prazo de presentación de instancias será de 6 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación da presente convocatoria no taboleiro de edictos do Concello.
As solicitudes presentaranse en modelo de instancia que se facilitará nas oficinas municipais e irán acompañadas de fotocopia do D.N.I. e xunto coa documentación acreditativa dos méritos alegados que deberán ser obxecto de compulsa no Rexistro de entrada de documentos, ata o día 4 de xullo de 2010, incluído.


Cedeira, 28 de xuño de 2010.
O ALCALDE,
Asdo.: Jose Luis Vergara Rey

Para consultar as bases prema aquí,
http://www.concellodecedeira.es/descarga/basespraias2010.pdf


Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1054