Feira das Meigas 2010 - Concello de Cedeira
Fecha Martes, 29 junio a las 10:09:02
Tema PHP-Nuke


2, 3 e 4 de XULLO - Plaza da Revolta

Venres 2 de xullo - A partir das 21 h. apertura do mercado de artesanía. Ás 22:30 h. podremos presenciar o espectáculo escénico "Maria Soliña" desenvolvido por veciñas e veciños de Cedeira e ao rematar, xa na hora meiga... LUME !!

Sábado 3 de xullo - A partir das 11:00 h. e durante todo o día estará aberto o mercado de artesania. Pola mañán, ás 13:00 h. teremos a actuación dos paiasos Tulepum para diversión dos máis pequenos. Cando la luz vaia desaparecendo, sobre las 22:30 h. o Mago Teto presentaranos "A Maxia da Santa Compaña", un espectáculo que combina maxia, teatro, danza, música en directo ... e ao rematar danzaremos coas meigas da man de BERROGÜETTO.

Domingo 4 de xullo - Desde as 11:00 e ata as 21:00 h. estará aberto o mercado de artesanía. Ao mediodía a banda de música municipal de Cedeira deleitaranos coa súa música e pola tarde ás 20:00 as feiticeiras amosarannos "As mil e unha caras das feiticeiras", espectáculo de danza e teatro.

Todalas actividades desenvolveranse na Plaza da Revolta. Ven á Feira das Meigas e comeza a crer !!

Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1053