Vergara anuncia unha nova festa gastronómica en setembro
Fecha Martes, 29 junio a las 09:54:08
Tema PHP-Nuke


O alcalde de Cedeira, José Luis Vergara, saíu onte ao paso das críticas formuladas polos “populares” da vila á última edición da Festa do Percebe, celebrada hai quince días. O rexedor local asegura que os datos de ventas que manexa o PP “contrastan cos que facilita a maioría do sector e a comisión de festas”, atendendo estes últimos ao número de tickets vendidos.
Vergara asegurou que foi moita a xente que advertiu de que non se trataba dunha boa época para realizar a festa pero explicou que “precisamente se fixo por iso, porque falando cos hosteleiros, dixéronnos que necesitaban desestacionalizar o turismo e que nos meses de xullo e agosto non tiñan problemas, polo que nos pediron axuda para os de xuño e setembro”. O alcalde valorou a satisfacción dos empresarios do sector hosteleiro da vila coa mencionada cita.

No que respecta á carpa instalada para a degustación gastronómica, o rexedor de Cedeira asegurou que non era aí onde estaba todo o peso da festa, aludindo que a convocatoria tamén se basea agora no traballo dos hosteleiros, e non só da comisión de festas.
O alcalde cedeirés afirmou que a Festa do Percebe “deu un xiro” este ano e pregúntase se unha das razóns polas que o PP criticou o evento será porque “ao mellor querían que non a fixéramos, porque a Confraría de Pescadores dixo que non a facía”.
“Afortunadamente, no mes de xullo, o concello non necesita reclamos turísticos” subliñou José Luis Vergara. “Que se prepare o PP porque en setembro temos pensado convocar outra festa gastronómica”, anunciou Vergara. Esta cita non xiraría en torno ao percebe, como xa adiantou o rexedor local, pero podería apostar por outro tipo de pescado, indicou, como a merluza.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1052