Feijoo : reducir "trabas" en urbanismo
Fecha Miércoles, 11 marzo a las 08:18:07
Tema PHP-Nuke


O candidato do PPdeG e futuro presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, comprometeuse este martes coa patronal a reducir as "trabas" que "con carácter xeral" afectan o sector urbanístico porque, ao seu entender, "non convén" pór "máis das imprescindíbeis" neste momento de crise.

Logo de se reunir co presidente da Confederación de Empresarios (CEG), Antonio Fontenla, e cos seus homólogos provinciais, Feijoo dixo que era "urxente" aprobar o Plan do Litoral antes de 2010. Porén, non adiantou se prorrogará a lei que prohibe edificar nos primeiros 500 metros do litoral e que escinde en maio.

En calquera caso, reiterou o seu compromiso cunha ordenación do litoral de forma "ordenada e con principios" aínda que, paralelamente, se opuxo ao "bloqueo urbanístico". A este respecto, Fontenla, confirmou que lle solicitaron unha revisión das actuais normas urbanísticas que, segundo recordou, ocasionaron malestar entre os construtores.

Respecto ao diálogo social, ambos os dous deron por bo o actual marco de negociación. Así, o Acordo pola Competitividade, asinado polo Goberno, os empresarios, UXT e CCOO, servirá como "docmento de base". No entanto, Feijoo considerou necesario "actualizalo" cos datos de previsión de crecemento actuais.

Traspaso de poderes na Xunta

Por outra banda, Fontenla apelou á actual situación de crise económica para considerar "urxente" axilizar o traspaso de poderes na Xunta, coincidindo co manifestado polo futuro presidente nos últimos días.

Ao respecto, o presidente da Comisión Xestora do PSdeG, Ricardo Varela, mostrouse "sorprendido" pola "ansiedade" do PPdeG, e recomendoulles "calma e tranquilidade" porque "aínda falta un mes". Neste senso, garantiu que o traspaso se levará a cabo "escrupulosamente, non como fixeron eles".

Link: VIONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=105