Declaración institucional do goberno de Cedeira
Fecha Domingo, 27 junio a las 10:40:42
Tema PHP-Nuke


A deslealdade, xa non institucional, senon para co seu pobo, queda de manifesto na nota de prensa de este sábado do PP de Cedeira referida á Festa do Percebe.

A mentira está presente en todas as frases do comunicado.

Cando uns compañeiros e amigos, como son os membros da confraría de Cedeira, nos comunicaron que non poderían organizar o evento este ano, esta Corporación, como non podería ser doutro xeito, a pesar de non tela recollida orzamentariamente, fixemos nosa esa responsabilidade, e xunto coa recén creada Asociación para a Promoción Turística de Cedeira e Comarca (integrada por todos os establecementos de hostalaría de Cedeira) e coa Comisión de Festas da Patrona, levamos adiante o evento que, xunto co Curro da Capelada, é un dos mais significativos de Cedeira.

No que atinxe á Festa do Percebe, queda claro que o PP segue a utilizar o mesmo matemático que cando contaban os tristemente tan coñecidos “hilitos de plastilina”.

O electorado xa lle deixou moi claro ao PP en Cedeira que “en política non todo vale”.

Non vou a entrar no seu pretendido xogo de contradeclaracións, sinxelamente lles vou remitir as declaracións que sobre o evento fixo a Asociación para a Promoción Turística, calificándoo de rotundo éxito.

O que si debe saber o pobo de Cedeira, é que isto non é mais que un intento de crear unha cortina de fume, xa que en breve, o Concello de Cedeira porá en mans da fiscalía unha serie de expedientes urbanísticos que amosan, cando menos, irregularidades continuadas cometidas polo goberno que presidiu Leopoldo Rubido. Unha serie de actuacións que xa levan costado a todos os cedeirenses en torno aos 40 millóns de pesetas en concepto de indemnizacións.

 

Xermán Tobío

Alcalde Accidental

 



Link: Email SCTG






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1049