O PP califica de “gran fracaso” a Festa do Percebe
Fecha Sábado, 26 junio a las 11:52:44
Tema PHP-Nuke


Os “populares” de Cedeira aseguraron que a Festa do Percebe realizada a pasada fin de semana na vila  foi un “gran fracaso”, asegurando que precisamente iso é o que quixeron ocultar os membros do tripartito nas valoracións realizadas sobre o evento gastronómico. O PP califica de “verdadeiro escarnio hacia os veciños de Cedeira, visitantes e hosteleiros” o acontecido e acusa aos gobernantes de protagonizar unha “mofa” que non puido ocultar a “rotunda decepción da festa pola súa mala concepción e organización”.
Desde o PP de Cedeira indicaron que nos momentos de maior afluencia non se superaron os 150 visitantes –realizando o cálculo segundo os vehículos estacionados–. Os “populares” aseguran que as ventas nos locais non pasaron do 20% e na carpa do Concello, afirman, máis da metade do produto quedou sen vender. Desde a mencionada formación afirman que “pola escasísima afluencia e desorganización estamos ante a peor edición deste evento gastronómico, tradicional festexo que o tripartito deixou ferido de morte”. O PP cedeirés dirixe parte da culpa do acontecido ao alcalde, José Luis Vergara.
Así mesmo, a agrupación denuncia unha “actitude soberbia” fronte á Confraría de Pescadores, con máis de 280 traballadores e  “marxinada para a ocasión”.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1048