No San Xoán, as bruxas fuxirán
Fecha Miércoles, 23 junio a las 16:58:47
Tema PHP-Nuke


As fogueiras e o arrecendo a sardiñas encherán as rúas e praias en todo o país para celebrar unha das noites máis especiais.

Fogueiras, cacharelas, folións, cachelas, lumieiras... Galiza vivirá unha das noites máis especiais e máxicas do ano con festa e paparotas por todo o país. O arrecendo de sardiñas asadas, chourizos e fume será común en barrios, aldeas, rúas e praias cun obxectivo común: pasalo ben e, de paso, botar fora o meigallo. Xa o di o dito popular: 'No San Xoán, as bruxas fuxirán'.


A noite de San Xoán, que se celebra entre o mércores e o xoves, é unha das celebracións máis ricas en lendas, supersticións e costumes que agocha a nosa cultura. Dende tempos remotos celebramos o solsticio de verán co lume, mais tamén coa auga, xa que nesta xornada reviven as propiedades das fontes santas e milagreiras; coas ondas do mar, que purifican e fecundan, e co mundo vexetal (non esquezamos preparar a auga de san Xoán).

Link: VIONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1042