Propoñen a unha comisión a organización das festas patronai
Fecha Miércoles, 11 marzo a las 08:15:44
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira deixará de facerse cargo da organización das festas patronais da vila, algo que veu facéndose desde a área de Cultura nos últimos anos, e que a partir de agora pasará a xestionar unha comisión de festas, integrada, tal e como puxo de manifesto o alcalde da vila, José Luís Vergara, por empresarios da zona e veciños do municipio.

Así, tras a elección de cargos, a presidencia da entidade recaeu en Vanesa Pérez López, dos labores de tesouraría ocuparase Pablo Diego Moreda e o secretario da comisión será Xullo Santiago Beceiro, quen dirixe varios negocios de hostalaría na comarca.

As festas que organizará a partir de agora este colectivo son as de Santa Ana, do 26 de xullo e as patronais do 15 de agosto.

Parte dos integrantes desta comisión encargáronse da campaña de promoción da vila cedeirense durante o pasado verán en terras castelás e que resultou ser todo un éxito.

Entre as medidas postas en marcha desde a comisión de face a obter fondos para realizar as festas está a venda de rifas, cuxo premio será un piso de nova construción na vila cedeirense.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=104