«A parte vella é unha boa zona, parece un municipio distinto»
Fecha Miércoles, 23 junio a las 11:48:39
Tema PHP-Nuke


Dídac Boza é un xornalista residente en Barcelona que hai cinco anos decidiu facerse cunha casa na zona vella de Cedeira, de onde é natural o seu marido. Xuntos investiron nunha vivenda en busca da tranquilidade e comodidade dun centro histórico no que refuxiarse no verán e durante uns días no inverno. «Nos últimos anos vimos máis casas baleiras no centro e varios carteis de rehabilitación que finalmente a crise levouse por diante», explica Boza.

Aínda así, está seguro de que o futuro desta zona do municipio «pasa por renovar a poboación, animar á xente nova a que se traslade á zona vella». eles fixérono para gozar de cousas como, por exemplo, unha cheminea. Tamén para gañar en calidade de vida e gozar das pequenas distancias. Tampouco descarta este matrimonio pasar os seus últimos anos de vida nesta vila mariñeira.

No seu caso adquiriron unha casa reformada polos anteriores propietarios apenas seis anos antes de vendela. Aínda así, Dídac e o seu marido xa están a pensar en facer algunha que outra casa. «é unha boa zona, parece un municipio distinto ao que che atopas unha vez cruzas o río, na parte nova».

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1038