Trámites para consolidar varios postos de traballo
Fecha Miércoles, 23 junio a las 11:25:11
Tema PHP-Nuke


O alcalde de Cedeira, José Luis Vergara, explicou onte que consistorio e sindicatos deron xa os primeiros pasos no municipio de cara á consolidación dunha serie de postos de traballo. O rexedor asegura que na actualidade traballan para o Concello unhas corenta persoas que carecen dun posto fixo. Aquelas nas que o seu contrato é anterior ao ano 2005 ríxense pola vía da consolidación, non sendo así para a totalidade do colectivo, tal e como indicou o rexedor. Vergara apuntou que se trata de dous procedementos moi regrados e asegurou que se buscou a fórmula máis favorecedora para os traballadores que xa teñen un posto de traballo no Concello, aínda que sempre aténdose á normativa vixente ao respecto.

Na Xunta de Goberno Local do pasado 12 de maio presentouse a oferta de emprego público correspondente ao presente exercizo no Concello. No que respecta ao persoal funcionario, figuran seis prazas libres, unha de auxiliar administrativo, tres de  administrativo e  unha de policía. Así mesmo, contratarase a un administrativo polo procedemento de promoción interna.
No caso do persoal laboral, as prazas libres son de limpador –sete vacantes–; subalterno –unha–; asistente social –unha–; auxiliar de axuda no fogar –nove– e auxiliar de axuda no fogar dependencia –quince–. Como consolidación de emprego temporal convocáronse postos de psicólogo, asistente social, peón –catro vacantes–, monitor de natación, auxiliar de mantemento polideportivo, educador familiar, auxiliar administrativo para servizos sociais e auxiliar encargado de polideportivo.
O rexedor local incidiu en que “nos gustaría que a consolidación de postos de traballo fose a consolidación de persoas, pero sempre hai que aterse ao que obriga a lei, ser puntilloso coa legalidade”. Así mesmo, Vergara incidiu na importancia que esta actuación terá no que respecta á modernización do consistorio.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1036