Relación entre os centros de FP e as empresas
Fecha Miércoles, 23 junio a las 11:23:04
Tema PHP-Nuke


O IES Punta Candieira de Cedeira acollerá este venres unha nova edición da xornada na que, baixo o título “Educación-Empresa”, pretende analizar o que deu de si a formación práctica dos alumnos nas empresas no que se denomina FCT (Formación en Centros de Traballo), así como as beneficiosas relacións que se establecen entre as dúas partes, centros de ensino e entidades, de cara á mellor cualificación dos propios alumnos.
A sesión, que se desenvolverá ao longo de toda a mañá, contará coa presenza do subdirector xeral de FP e Orientación Profesional da Consellería de Educación, Manuel Corredoia, que falará ante un auditorio do que formarán parte, ademais de alumnos, directores, orientadores e profesores de institutos da comarca de Ferrolterra

Mesa redonda

Esta charla terá lugar ás 12.00 horas, e dará paso, ás 12.45 horas, a unha mesa redonda sobre “O empresario fronte á crise, novos tempos e novas solucións empresariais cara á mellora da formación dos traballadores”. Nela intervirán, xunto ao presidente da AEF José Ramón Franco, varios empresarios da comarca.
Porén, a xornada comezará antes, en concreto ás 10.15 horas, cunha sesión dirixida ao intercambio de información sobre as experiencias da FCT no presente curso.
A continuación, ás once de mañá, haberá unha recepción aos alcaldes e empresarios da comarca, ós que se lles ofrecerá unha visita polas instalacións do instituto cedeirés. A entrega aos alumnos das axudas do curso de Prevención de Riscos Laborais e a presentación da oferta educativa do centro completarán a sesión.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1035