ABERTOS AO GALEGO
Fecha Martes, 22 junio a las 00:27:10
Tema PHP-Nuke

- A Mesa presenta o proxecto Abertos ao Galego para crear unha rede de empresas que apostan pola lingua de Galiza

Carlos Callón: “Hai un segmento importante da sociedade que considera que o consumo responsábel tamén pasa por apoiar as empresas que respectan os dereitos lingüísticos”

O proxecto, que está aberto a novas incorporacións, lánzase con 62 empresas e comercios e ten xa un catálogo en liña: www.amesanl.org/abertosaogalego

A Mesa pola Normalización Lingüística deu a coñecer hoxe o que considera un dos seus “proxectos estrela” para os próximos anos: o certificado Abertos ao Galego, que a maior asociación cultural de Galiza concederá a empresas, comercios, asociacións e entidades de toda índole que adopten e desenvolvan compromisos para a normalización do galego. Segundo o presidente da Mesa, Carlos Callón, con esta iniciativa preténdese crear unha “rede de dinamización do uso do noso idioma no ámbito socioeconómico, que sirva de apoio e de referencia social”.

O proxecto lánzase hoxe conformado por 62 empresas, que van desde xoiarías até pubs, pasando por tendas de roupa, librarías, xestorías, editoras, fornecedoras de equipos de seguridade, adegas etc. Calquera entidade interesada en formar parte do proxecto só ten que cumprir tres requisitos: ter unha disposición favorábel ao uso do galego, analizar a súa situación lingüística (a través dunha ficha que fornece A Mesa) e proporse obxectivos de mellora, así como pagar a cota mínima de 48 euros anuais para ostentar o certificado. Todas as cotas recadadas irán destinadas integramente á xestión e ao desenvolvemento do proxecto Abertos ao Galego (edición de soportes, mantemento do catálogo web www.amesanl.org/abertosaogalego etc) e ao obxectivo de promover a extensión do uso do idioma de Galiza no ámbito socioeconómico. Para máis información, as entidades interesadas poden dirixirse á Mesa pola Normalización Lingüística a través do correo electrónico abertosaogalego@amesanl.org ou do teléfono 981 563 885.

Arriba

Dado que “a restauración ou extensión da lingua galega para todos os ámbitos é un proceso que imos andando pouco a pouco”, o certificado Abertos ao Galego nace con catro graos diferentes: “O NIVEL UN é para quen está a dar os primeiros pasos; o NIVEL DOUS para quen xa utiliza o galego cara ao exterior; o NIVEL TRES para quen tamén o usa internamente (nóminas, contabilidade etc), e o NIVEL CATRO para aquelas entidades que ademais participan de forma especial en dinamizar o uso da lingua (p. ex., solicitando a información e a documentación en galego a provedores e administracións.)”

Carlos Callón recorda que, segundo os diferentes estudos de mercado elaborados en Galiza tendo en conta a variábel lingua, a inmensa maioría da sociedade ve con bos ollos o uso do noso idioma no ámbito comercial e empresarial e, ademais, “hai un segmento social que desexa optar por un consumo responsábel que teña presente o apoio a aqueles proxectos nos que se respecten os nosos dereitos lingüísticos”.

Así mesmo, “en iniciativas como Abertos ao Galego vese que a sociedade ofrece respostas á necesidade da promoción do noso idioma, ante o deixamento de funcións, cando non manifesta agresividade, por parte dos actuais gobernantes autonómicos”, conclúe o portavoz da Mesa.

Arriba

Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1031