Nota de prensa - Esquerda Unida
Fecha Lunes, 09 marzo a las 20:44:06
Tema PHP-Nuke


Gabinete de Prensa
Consello Comarcal da Coruña
ESQUERDA UNIDA

Esquerda Unida considera incoherente e falaz a argumentación esgrimida por
Unión Coruñesa en relación a aplicación da Lei da memoria histórica O Concello Comarcal da Coruña de Esquerda Unida quere saír ao paso das declaracións de Unión Coruñesa aparecidas onte no xornal El Ideal Galego, solicitando ao concello, en relación coa aplicación de Lei da Memoria Histórica, que “recupere cuanto antes el sentido común”. Efectivamente que o bipartito recuperase o sentido común sería algo moi positivo para A Coruña, pero nesta ocasión, de seguro, que lle sería máis necesario recuperalo á formación Unión Coruñesa, se é que algunha vez o tivo, porque as declaracións vertidas onte demostran unha falta absoluta do “menos común dos sentidos”.

Preme aquí para baixar o docmento orixinal
(PDF)


Quen se non, pode considerar a aplicación do topónimo como unha
arbitrariedade do goberno local, cando a Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización
lingüística di no seu artigo 10: “Os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a
galega”, tamén haberá que recordarlle aos “desmemoriados” que primeiro o Tribunal
Superior de Xustiza de Galicia, en xuño de 2003, e posteriormente o Tribunal Supremo,
en xullo de 2006, ditaron sentenza onde se indica que “ha de tenerse por válida la
denominación ‘A Coruña’ de acuerdo al derecho autonómico gallego...” e que “a provincia
de La Coruña se denominará oficialmente ‘A Coruña’ en concordancia con el nombre de la
ciudad que tiene reconocida su capitalidad”.
Seguindo coa demostración da falta de sentido común, Unión Coruñesa, propón que o
goberno local da Coruña in*****pra a legalidade vixente, outra vez máis, nesta ocasión
pretende que se obvie a Lei sobre a Memoria Histórica, propoñendo que “se aplace toda
decisión que no esté refrendada por el voto de los coruñeses”, o que dito doutra maneira
significa que o partido de Carlos Marcos, considérase quen de establecer que Leis
débense *****prir e cales necesitan do referendo popular. Ademais afirmar que a historia
non considera fascistas a personaxes como Juan Canalejo ou Millán Astrai, é unha
enorme falacia. Unha falacia que se desmonta con suma facilidade pois aínda que é certo
que a lexión creouse con anterioridade ao golpe de estado franquista e que na
actualidade e un corpo do exército absolutamente integrado no estado (¡¡faltaría máis!!),
tamén o é que Millán Astrai, aínda que na guerra civil tivo un papel secundario, sempre
defendeu o réxime franquista, lembremos o célebre altercado con Unamuno onde
arengou aos presentes co famoso axioma franquista “¡¡España una, España grande,
España libre!!”, ou "¡Muera la inteligencia! ¡Viva la muerte!" en clara alusión a Unamuno.
Remata o esperpéntico comunicado de Unión Coruñesa con esta outra afirmación
dogmática “dejarse arrastrar por el sectarismo del señor Monge”. Esquerda Unida
pregúntase se os sectarios non serán aqueles que pretenden saltarse a legalidade
vixente, utilizan argumentos falaces para manter nas rúas os nomes dos fascistas ou
sentenzan sen motivar o que converte as súas afirmacións en dogmas de fe.
Esquerda Unida quere evidenciar a incoherencia do discurso de Unión Coruñesa cando
fala en relación ao señor Monge: “carece de representación respaldada por los
ciudadanos”, acaso considéranse vostedes coa suficiente representación cidadá como
para solicitar un referendo popular para unha Lei aprobada fai 26 anos e ratificada no
Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e no Tribunal Supremo.
Por último, o comité executivo do Consello Comarcal da Coruña de Esquerda Unida insta
ao goberno municipal a *****prir a Lei da memoria histórica sen máis dilacións e facer
oídos xordos de quen pretenda facer unha revisión sectaria da historia. No noso país
houbo dous bandos, o lexítimo e democraticamente establecido e o dos golpistas. A
aplicación da lei da memoria histórica só ven a poñer coherencia e sentido democrático á
España de hoxe.
NOTICIA PUBLICADA ONTE NO IDEAL GALEGO (REDACCIÓN > A CORUÑA)
Unión Coruñesa pide una consulta sobre la aplicación de la Ley de Memoria
Histórica
Unión Coruñesa arremetió ayer contra la aplicación de la Ley de Memoria Histórica en la
ciudad y pidió al Ayuntamiento que “recupere cuanto antes el sentido común”. Considera
que el gobierno local no debe caer en la arbitrariedad con la que ya decidió sobre el
topónimo y propone que “se aplace toda decisión que no esté refrendada por el voto de
los coruñeses”. El partido de Carlos Marcos acusa al gobierno municipal de “dejarse
arrastrar por el sectarismo del señor Monge, que carece de representación respaldada
por los ciudadanos”.
Insiste en que cualquier cambio que se pretenda aplicar en el callejero o en la
permanencia o no de símbolos de la época franquista debe ser “respetuoso con la
voluntad de los coruñeses y legítimo por la aceptación explícita y consensuada de todos
los coruñeses”.
Unión Coruñesa afirma que el Ayuntamiento “no ha sabido, o no ha querido, estudiar un
desarrollo consensuado de la aplicación de la ley” en la ciudad. Critica que se propone
borrar del callejero nombres como el de Juan Canalejo, “que fue víctima y no artífice de
las luchas políticas e ideológicas de la preguerra civil”. “Igualmente se propone retirar la
estatua de Millán Astray, ahí puesta y colocada por haber sido el fundador de la Legión,
cuerpo del Ejército absolutamente integrado en el Estado democrático”, apostilla. Unión
Coruñesa destaca que “la inmensa mayoría de los ciudadanos conviven con un callejero
que jamás ha sido motivo de crispación, lo que dificulta todavía más el entendimiento de
esta aplicación discriminatoria de la ley”.
Gabinete de Prensa
Consello Comarcal da Coruña
ESQUERDA UNIDA

Link: Esquerda Unida - A Coruña






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=103