Éxito da festa do percebe
Fecha Lunes, 21 junio a las 13:36:49
Tema PHP-Nuke


A festa do percebe de Cedeira do fin de semana foi un éxito, a pesar de que os cambios de datas e organización fixeron albergar algúns temores. Onte á noite, Che Fernández Pazos, presidente de Iniciativa para a Promoción Turística de Cedeira, sinalou que se superaron os quilos de marisco doutros anos. Nesta ocasión distribuíuse máis dunha tonelada. Outros anos era en xullo e nunhas carpas, e este ano, nos mesóns e bares e tamén nunha carpa, pero só de apoio, todo ao mesmo prezo. Dous terzos do percebe distribuíuse nos mesóns e o terzo restante na carta. Germán Tobío, o concelleiro que participou na organización en nome do concello, sinalou que o seu balance era «de rotundo éxito» e remitiuse aos hostaleiros para que o avalasen. Adiantou que o concello e a hostalería local están a pensar xa en novas iniciativas gastronómicas e festivas como cogomelos da Capelada, pescada -«porque o noso porto é o primeiro nesta especie»- e coquina. Distribuídas ao longo do ano para evitar que todo se concentre en xullo e agosto, como ata agora, cando non é necesaria a promoción.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1028