A Festa do Percebe pecha con éxito
Fecha Lunes, 21 junio a las 13:30:01
Tema PHP-Nuke


Cedeira pechou onte a XV edición da Festa do Percebe con éxito de público e vendas. Segundo os datos da organización, arredor de 3.000 persoas participaron no certame gastronómico, no que se repartiron case 1.200 quilos de marisco.

Segundo indicou a Diario de Ferrol o concelleiro de Turismo da vila, Alfredo del Río, as previsións “desbordáronse”, xa que se esgotaron tódalas existencias e o público “aínda reclamaba máis”. O cambio de data desta convocatoria, na que a festa se adiantou un mes con respecto ás anteriores edicións, deu un resultado positivo para o certame, que este ano tamén foi organizado por primeira vez polo Concello e a entidade Iniciativa para la Promoción Turística de Cedeira. O obxectivo deste adianto era desestacionalizar a cita e atraer a visitantes á vila antes do inicio da tempada alta

Á vista do éxito do certame, Del Río xa adiantou que o Concello ten intención de ampliar a oferta de festividades gastronómicas na localidade. Así, xa se pensa na organización dunha feira adicada ós cogumelos, que tería lugar no mes de outubro, e doutra que tería como protagonista á pescada, neste caso en febreiro.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1027