Dous socorristas vixiarán a praia da Magdalena
Fecha Viernes, 18 junio a las 11:35:54
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira contará este ano con dous socorristas para os seus areais, a metade respecto ao pasado verán. O alcalde da vila, José Luis Vergara, criticou onte que a Consellería de Traballo reduciu ao 50% o número de profesionais. Ademais, o municipio perdeu outro o exercicio anterior respecto ao verán do 2008. Nesta ocasión só dúas poderán vixiar a praia da Magdalena.

Sobre este asunto, o rexedor explica que terán que facelo a diario e por parellas, polo que o Concello terá que afrontar cos seus propios fondos a contratación de máis profesionais para así permitir que os dous socorristas poidan descansar algún día. «Dános a impresión de que o que a Xunta quitounos este verán estallo dando a municipios do Partido Popular, dixo.


Tamén a cuadrilla do grupo municipal de intervención rápida (Grumir) sofre este verán un recorte. Fronte aos tres axentes do pasado ano, esta vez Cedeira contará con dúas, que traballarán durante seis meses.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1024