Concello de Cedeira - BOP
Fecha Jueves, 17 junio a las 10:44:53
Tema PHP-Nuke


Trámite de audiencia en expediente de investigación sobre existencia de camiño público no lugar de Roca Pérez

ANUNCIO

Ante a imposibilidade de notificar a Herdeiros de Celestino Villar Martínez a providencia de Alcaldia de data 26.03.10 que consta no expediente de investigacion sobre existencia de camiño público no lugar de Roca Pérez, sendo devoltos polo Servicio de Correos os dous intentos de notificación por ausente en reparto, ó abeiro do artigo 59.2 da Lei 30/92 de réxime xuridico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procédese á publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e no taboleiro de anuncios do Concello de Cedeira da providencia da Alcaldía de data 26.03.10 que literalmente di:



“Visto que con data 27.02.08 foi incoado mediante providencia da Alcaldía expediente de investigación sobre existencia de camiño no lugar de Roca Pérez.

Visto que con data 25.03.10, en aplicación do establecido no art. 52 do RD 1372/86 polo que se aproba o Regulamento de bens das entidades locais, emite informe técnico o arquitecto municipal e con data 26.03.10 emite informe xurídico a técnico de Administración xeral, nos que, á vista da documentación obrante neste expediente se conclúe que non se pode determina-la titularidade municipal de camiño no lugar de Roca Pérez.

Polo exposto, sendo efectuadas as probas necesarias e estando valoradas polos servicios técnicos, en cumprimento do art. 52 do RD 1372/86, e de xeito previo á resolucion deste expediente de investigacion, resolvo:

Conceder audiencia ás persoas ás que lles afecte a investigación, e tiveran comparecido no expediente, por un prazo de 10 días para que no referido prazo examinen o expediente e poidan facer as alegacións que estimen convinte ó seu dereito”.

Cedeira, 9 de xuño de 2010.

O ALCALDE

Asdo.-Jose Luis Vergara Rey

Link: BOPONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1021