Flexibilidade interna para parar os despidos
Fecha Jueves, 17 junio a las 10:41:25
Tema PHP-Nuke


Un artículo de Xavier Carro publicado no Xornal.
© 2010 Xavier Carro - Xornal de Gaclicia

"Empezarei por dicir que o tempo de negociación, aínda que non se chegase a acordo, non foi tempo perdido, serviu para debater en profundidade moitas materias e ir colocando propostas que son agora texto do Decreto, pero rematado o prazo, o Goberno lexislou e optou por unha reforma equilibrada, non tanto dende o punto de vista de recoller propostas de cada parte, senón equilibradas en relación á realidade laboral do noso país.

O noso mercado de traballo sofre varias anomalías, a primeira é que para unha empresa en dificultades, resulta máis sinxelo despedir que reorganizar. Isto está a provocar que o primeiro recurso sexa prescindir de traballadores e logo, no caso de novas contratacións facer os axustes internos cos novos contratados. Na práctica, os cambios do que se veñen en chamar condicións sustanciais de traballo son moi difíciles de aplicar e as cláusulas de descolgue practicamente imposibles. Para resolver esta cuestión, a reforma simplifica os procedementos de aplicación das medidas de flexibilidade interna, pero mantenas sometidas á negociación colectiva, o arbitraxe e a tutela xudicial. Ademais, introduce o chamado modelo alemán para os ERE, que permitirá manter os postos de traballo reducindo a xornada cun complemento de salario público que compense a redución salarial resultante.


Outra anomalía é que non sendo o despido barato en España, segundo din os empresarios, si que é libre e incluso diría que caprichoso. De feito, que lóxica ten que o 80% dos despedimentos provocados pola crise económica se realizasen pola vía do despido disciplinario?

Cómpre resolver esta cuestión, máis pola vía de causalizar o despido axustando a Lei á realidade que pola vía de alterar os custos e especialmente de reducir os dereitos dos traballadores. Por iso defínense mellor as causas do despedimento, dificultando especialmente o caprichoso, e atópase unha fórmula de verdadeiro equilibrio, aportando dende o Fogasa oito días de indemnización para manter o dereito dos traballadores á súa indemnización de 45 ou 33 días, segundo corresponda, reducindo nesta medida o custo para as empresas.

Isto abórdase de xeito transitorio, xa que se anuncia a creación dun fondo específico para capitalización dos dereitos dos traballadores en caso de despedimento co que se reducirá considerablemente a tensión entre empresarios e traballadores polos custos do despido no futuro.

A terceira anomalía do noso mercado de traballo é a alta temporalidade. Para resolvela endurécense as condicións para o seu uso, co obxecto de que deixe de ser a porta de entrada que as empresas utilicen como período de proba. Trátase en definitiva de converter a contratación indefinida na norma e a temporal na excepción, conferindo ó contrato de traballo un maior nivel de flexibilidade interna e mecanismos de axuste anteriores e alternativos ó despedimento.

Estas son as razóns da reforma que tramitaremos polo procedemento de Proxecto de Lei, polo que tódolos grupos terán a oportunidade e a obriga de retratarse nas propostas que presenten. Non podía ser outro o procedemento dada a sentenza do Tribunal Constitucional que ante un recurso do Partido Socialista declarou inconstitucional o procedemento de Decreto Lei para a reforma que no seu día aprobou o Goberno de Aznar.

Finalmente, dicir que comprendo a posición responsable dos sindicatos, a eles corresponde defender os dereitos dos traballadores ante unha representación empresarial cuestionada e politizada.

Comprendo esa posición defensiva, pero nun momento como este o Goberno debe ser valente e apostar por cambios profundos que tenten resolver as anomalías do nosos mercado de traballo."

Link: XORONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1020