Vergar insta á Xunta a solventar as deficiencias da estación depur
Fecha Sábado, 12 junio a las 21:39:51
Tema PHP-Nuke


O alcalde de Cedeira, José Luis Vergara, subliñou onte o importante traballo que, en materia de separación de augas pluviais e fecais se está executando no casco urbán. O rexedor recordou ao respecto que no municipio hai unha Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) pero lamentou que, nos casos nos que o caudal se incrementa considerablemente as instalacións se colapsan, obrigando a aliviar as pluviais e as fecais por outros lugares. A primeira solución proposta para erradicar o problema foi a construción dun tanque de tormenta, un gran depósito ao que fosen a parar as augas durante os primeiros minutos de choiva. Vergara recordou que Augas de Galicia asegurou que era un proxecto cun custe elevado, polo que apostaron por fortalecer a rede separativa, unha solución coa que o consistorio estivo dacordo aínda lamentando a perda dun ano en tomar a decisión.
Os problemas da EDAR agrávanse en situacións como as do pasado xoves, cando esas pluviais e fecais, ao pechar a entrada da depuradora por tanto caudal, sairon novamente ao río. Tamén cabe a posibilidade de que vaian a parar directamente ás rúas, porque “como a estación de bombeo que recolle as primeiras augas está mal construída, as fecais chegan a aliviarse en plena rúa, saltando polas alcantarillas, como pasa no cruce das vías Zumalacárregui e Da Abraxe, o punto máis baixo da vila de Cedeira”, explicou Vergara.
O Concello leva un ano  informando á Xunta dunhas deficiencias que aínda continúan. O alcalde tamén criticou a anulación do antigo emisario submariño.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1008