Vergara, por Vicente Araguas
Fecha Lunes, 07 junio a las 11:44:43
Tema PHP-Nuke


Artigo publicado no xornal Diario de Ferrol.

"Repaso os seus libros, tamén o de “Cinco Primaveras dos Xogos Florais de Cedeira”, do que é cerne e esencia. Volvo ler a súa carta inmensa, boa e xenerosa como unha fervenza en días de arroiada, e non podo senón sentir gratitude por xente coma Xavier Rodríguez Vergara. Un home só, como todos os que nos adicamos ao choio senlleiro da escrita , pero acompañado. E dinme os meus informantes cedeireses que a mera aparición de Vergara, o outro día nun acto público na súa vila, provocou tal chuvia de aplausos que aínda non estiñou. Vergara, a “Sotavento”, traendo e levando versos do mar como prata vella que se fose amoreando na cuberta da nao. Vergara, un deses segreis, por empregar un termo que lle resulta ben caro, que fan que o mundo, o seu virar cotián, estea cada vez mellor engraxado. Vivir, xa se sabe, non é fácil. A vida é un trámite complexo que sería moito menos doado se non existise a beleza. Esa fermosura que Xavier Rodríguez Vergara, mariñeiro de alturas poéticas, tenta apañar decotío nas redes que el mesmo ten estudado. Nun libro cheo de amor e sabedoría do que eu xa din noticia aquí.
Hoxe non quero outra cousa que lembrarlle a Xavier Rodríguez Vergara que deste verán non pasa. Que hei de ir a Cedeira, ver como os amigos dispoñen as artes de pesca, ao tempo que Xavier nos enguedella co seu xeito, tan poético, tan de segrel namorado, de dicir as cousas belas. Xavier, camarada, deica nos ver. Unha aperta fonda. De Vila a Vila."

© 2010 -Vicente Araguas - Diario de Ferrol


Link: DFONLIne






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1003