O Concello tramitará as queixas dos armadores contra a reserva
Fecha Sábado, 07 febrero a las 08:48:42
Tema PHP-Nuke


O alcalde de Cedeira, José Luís Vergara, entrevistouse onte, por segunda vez esta semana, cos armadores da vila que se opoñen á Reserva Mariña. O rexedor mantivo o compromiso adquirido o luns cos mariñeiros, e remitirá a queixa á delegación de Pesca e ao director xeral de Recursos Mariños, Antonio García.

Os armadores de Cedeira contrarios a que se transforme a ría en Reserva Mariña volveron entrevistarse onte co alcalde da vila, o socialista José Luís Vergara, ao que lle entregaron todas as firmas daqueles mariñeiros que, como eles, están en desacordo coa reserva ou con algún dos estatutos do convenio que regulará a actividade, aprobado recentemente polo Consello da Xunta. En definitiva, 32 armadores asinaron o do*****ento de rexeitamento á reserva, o 61% do total, segundo confirmou a este diario José Manuel Yáñez, portavoz da plataforma de afectados. Éste mostrouse moi contrariado co persoal da Confraría por non aceptar as firmas que presentaron ante o depósito, explicando que "somos maioría e aínda así non nos fan caso". Segundo denuncian desde o colectivo, non as aceptaron porque querían os orixinais, "e eses quedámonolos/quedámosnolos nós?, explicou Yáñez.

O alcalde, pola súa banda, asegurou que o seu traballo é exercer de mediador entre os afectados e as distintas administracións polo que asegurou que remitirá as firmas á delegación de Pesca, cuxa sede está en Celeiro, Lugo, e ao director xeral de Recursos Mariños da Xunta, Antonio García Elorriaga.

Como xa se publicou nestes diario días atrás, os armadores manteñen que de *****prirse todos os artigos do convenio que regularán a reserva, aquelas embarcacións que non se dediquen á extracción do percebe e superen os1,5 GT non poderán faenar dentro da área. Desde a Confraría, en cambio, mantense que será a comisión xestora, na que intervirán os mariñeiros da zona, a que decida.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=10