O DOG publica as normas para que os traballadores por conta allea poidan exercer
Fecha Jueves, 05 febrero a las 11:05:15
Tema PHP-Nuke


O Diario Oficial de Galicia publicou onte as normas para que os traballadores por conta allea poidan exercer o seu dereito ao voto o vindeiro 1 de marzo. O obxectivo é regular as distintas situacións que se poidan presentar para o exercicio do dereito ao voto dos traballadores por conta allea que non gocen do seu descanso semanal o día da votación, así como das persoas que interveñen no proceso electoral. Así, os traballadores por conta allea, cun horario de traballo que non coincida co de apertura das mesas electorais ou que cadre cun período inferior ás dúas horas, non terán dereito a un permiso retribuído. No caso de que o horario de traballo se axuste co horario de votación en máis de dúas horas e menos de 4, os traballadores gozarán dun permiso retribuído de dúas horas. Por outro lado, no suposto de que o horario laboral e das mesas electorais coincidan en 4 ou máis horas e menos de 6, os traballadores por conta allea disporán dun permiso retribuído de tres horas para exercer o seu dereito ao voto. Por último, se ambos horarios coinciden en 6 ou máis horas, estes traballadores terán garantido un permiso retribuído de 4 horas.

Ademais, os traballadores por conta allea que non se atopen na localidade onde lles corresponde exercer o seu dereito a voto disporán, no seu horario laboral, de ata 4 horas libres para que poidan votar. Por outro lado, os cidadáns que desexen formular persoalmente a solicitude do certificado de inscrición no censo ou efectuar a remisión do voto por correo gozarán de catro horas libres o día que desexen facer estas xestións. Asemade, os traballadores que desexen formular persoalmente a solicitude do certificado de inscrición no censo ou efectuar a remisión do voto por correo poderán dispoñer de catro horas libres.

Membros da mesa electoral

No caso de que un traballador por conta allea sexa nomeado presidente ou vogal dunha mesa electoral, o día da votación disporán dun permiso retribuído de xornada completa, se ese día non fora unha xornada de descanso semanal. Ademais, terán dereito a unha redución da súa xornada de traballo de 5 horas o día inmediatamente posterior. Por outra banda, se a persoa tivese que traballar durante a noite do día anterior ao día da votación, a empresa cambiaralle a quenda para que poida descansar esa noite. Por último, o empresario é o responsable de distribuír os períodos nos que os traballadores disporán de permiso para acudir ás mesas electorais para exercer o seu dereito ao voto. Tamén poderá solicitar aos traballadores a presentación dun certificado de voto ou, de ser o caso, a acreditación como membro dunha mesa electoral.
Link: DOGAONline






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1