- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 71 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 As obras de acondicionamento da praia alteran o ecosistema do areal

PHP-NukeUn ano máis no Concello de Cedeira inícianse as obras de presunto “acondicionamento” do areal da Magdalena de cara ao verán, sen ningún tipo de estudo de impacto ambiental e sen ter en conta os danos ambientais que supoñen. Nesta ocasión nin sequera se instalaron carteis indicando o propósito, a duración e o presuposto da obra. Hai que lembrar que o ano pasado as obras emprendidas pola Demarcación de Costas en Galicia, que duraron tres meses e contaron cun orzamento superior ao millón de euros, quedaron reducidas a nada en cuestión de días polos primeiros temporais do outono. Incluso foron prexudiciais para o propio areal, xa que se aportaron materiais como pedras de gran tamaño, restos de obra e vidros que estaban enterrados nas zonas de extracción e agora quedaron ao aire na liña de praia. Nesta época do ano, o areal de Cedeira é unha zona importante de acubillo para moitas especies de aves que se alimentan neste areal e outras que realizan a súa migración primaveral. Entre as especies afectadas están a gaivota patiamarela, a gaivota chorona, a gaivota cabecinegra, o carrán común, o carrán cristado, o carrán pequeno, o mazarico chiador, o mazarico rubio, o pilro curlibico, o pilro tridáctilo, así como a píllara real e a píllara das dunas. Esta última especie, coñecida científicamente como Charadrius alexandrinus, atópase no Catálogo Galego de Especies Ameazadas como "vulnerable", atopándose as últimas colonias de nidificación de Galicia nos areais da Costa Ártabra. Está constatada a súa cría en Valdoviño, soportando a presencia de bañistas e veraneantes, polo que non sería raro que tamén escolleran a praia de Cedeira para criar, sempre que as continuas obras o permitisen.


© 2010 Verdegaia


Por outra banda, na praia está constatada a presencia de máis de setenta especies de moluscos, moitas das cales probablemente morrerán ao removerse e alterarse continuamente o sustrato no que viven.

Ademais dos prexuízos ambientais, os ruídos e as vibracións da maquinaria pesada a menos de trinta metros do CEIP "Nicolás del Río" están a ocasionar continuas molestias ao profesorado e ao alumnado do centro.

Por último dende Verdegaia queremos lembrar que ata o momento a única causa coñecida para explicar a ausencia de area na Praia da Magdalena é o espigón do porto pesqueiro, sendo esta circunstancia de sobra coñecida pola Demarcación de Costas. Sen embargo, en vez de buscar unha solución definitiva ao problema, a administración ambiental adícase a desbaldir cada ano centos de miles de euros en "acondicionamentos" que o mar se encarga de "reacondicionar" rápidamente, xa que as mareas e os temporais arrastran rápidamente fóra do areal os miles de metros cúbicos de area que aportan as máquinas.

Dende Verdegaia queremos facer un chamamento ás autoridades, tanto estatais como autonómicas e locais, para que prevaleza o sentido común e se faga un estudio serio sobre o areal cedeirés que permita acadar unha solución definitiva que satisfaga a todas as partes.

Link: VerdegaiaONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"As obras de acondicionamento da praia alteran o ecosistema do areal" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.22 Segundos