|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 39 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Concello de Cedeira - Anuncio DOG |
Anuncio de aprobación inicial do estudo de detalle na
confluencia da rúas Neda e As Pontes. Parque do Floreal.
Con data do 9 de marzo de 2010 a Xunta de
Goberno Local acordou a aprobación inicial do estudo de detalle na
confluencia das rúas Neda e As Pontes, presentado por Pablo Diego Moreda
Gil, en representación de Proxectos Inmobiliarios Rías Galegas, S.L.,
para parcela de referencia catastral nº 6548911NJ7364N0001TY redactado
por Beatriz López Marcos, visado polo COAG na data do 11 de decembro de
2009, para reaxustar unha aliñación definida no PXOU para a rúa sita na
confluencia da avda. de Suevos e a rúa Neda.
O dito acordo supón a suspensión de outorgamento de
licenzas no ámbito regulado polo estudo de detalle por un prazo máximo
de dous anos ou ata que se acorde a aprobación definitiva se fose
anterior.
Sométese a información pública por prazo de 20
días hábiles a partir do día seguinte ao da última publicación do
presente anuncio no BOP, no Diario Oficial de Galicia e nun dos diarios
de maior circulacióin da provincia.
Durante o dito prazo as persoas interesadas
poderán examinar o seu contido presentándose na casa do concello de luns
a venres en horario das 9.00 ás 14.00 horas e presentar as alegacións
que consideren oportunas.
Cedeira, 22 de marzo de 2010.
José Luis Vergara Rey
Alcalde
Link: DOGONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Concello de Cedeira - Anuncio DOG" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|