NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 29 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 MOVENDO O MUIÑO

PHP-NukeAnonimo escribió "
Rafael Cuiña
Naceu en Lalín en 1972. Cursou estudos de Dereito e na actualidade é empresario neste municipio dezao. É membro da directiva do Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos (IGEA). Gran defensor do galego e militante do Partido Popular



MOVENDO O MUIÑO
17 de Maio, percorrendo o mar de pedra
 
Alí estaremos, percorrendo as rúas dese mar de pedra estremecido polo vento que Celso Emilio cantou a Compostela, como unha masa inxente que dende a diversidade dos seus compoñentes, provén da fariña pura moída nos muíños do orgullo da gran nación galega.

E iremos en positivo, dende os que de sempre utilizan o idioma nai desta terra porque así o mamaron dos tetos existenciais dos seus ancestros, ata os que dende a utilización a cotío da lingua de Cervantes, respectan e teñen en valor a súa lingua irmá, semente da esencia da condición de galego.

Hoxe non quero que a política manche as miñas verbas cargadas de sentimento cara a nosa cultura. Hoxe é un día para convidar a todos aqueles que sintan esta terra, a camiñar xuntos na defensa da tradición herdada dos nosos pais e que queremos que sintan coma nós os nosos fillos. Un día para a exaltación da nosas letras, para a denuncia dos nosos temores polas ameazas latentes cara o noso idioma, para a reivindicación que non tiña que ser necesaria da figura de Novoneyra e o seu compromiso con Galicia, para mostrar ao mundo a sabedoría do poeta do Courel, terras que tanto admiro e nas que un perde no seu percorrido a noción do espacio-tempo, como fuxida perfecta dos problemas de tódolos días. Pero tamén é unha data para mostrar firmeza no compromiso, ante a falla de sensibilidade e as viles intencións dos liberticidas do bilingüismo, que choran polos recunchos escuros da alma negacionista debido aos seus complexos, e braman dende tribunas de intencións ignotas, tentando impor realidades ao chan onde pacen, sen apreciar o alimento vital que proporciona, nin considerar a riqueza cultural que atesoura.

É necesaria a asistencia de familias enteiras, de diferentes xeracións de galegos, e de xentes doutros pobos irmáns, que son conscientes da absoluta certeza de que todo o que suma, nunca resta, e todo o que pretenda restar ten que saber que somos dignos minuendos dispostos a enfrontarnos aos sustraendos do rancor e o acomplexamento culturalmente insustancial, que non os deixa durmir a pesares das súas conciencias baleiras.

Vémonos pois polos labirintos composteláns, que desembocan na arcadia do sentimento de pobo sinxelo, pero rexio e forte, ao que os furacáns negadores non poden bater, porque o enraizamento é tan sólido, que remata destruíndo todo intento contra el dos posuidores das ferramentas que amolan corazóns que latexan na terra de Novoneyra.

Ou non?


SE o pasado é pasado
i o presente é o urgente
por qué inda busca a xente
aquil soño clausurado?
Vido visto ben Santiago
i esa cuestión non resolta
fago camiño de volta
camiño de volta fago.
Camiño de volta fago
volvo do cabo do Mundo.
Terra sólo en ti me fundo:
é a certeza que trago.

UXÍO NOVONEYRA



Link: Envíos"



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"MOVENDO O MUIÑO" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.19 Segundos