|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 62 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Un modelo na picota |
O persoal laboral do Consorcio arreponse a Feijoo e defende a "eficiencia" do servizo
Os
traballadores asinan un comunicado que gaba o actual sistema
asistencial, de "calidade", "público" e "especializado", fronte ao
antigo e futuro, do PP. Tanto o líder dos populares, Alberto Núñez Feijoo, como o presidente provincial do PPdeG pola Coruña, Carlos Negreira, poñían definitivamente na picota esta quinta feira o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Se a primeira hora da mañá, o futuro presidente da Xunta cargaba dende unha radio de Madrid contra as galescolas
-unha das pólas do sistema de xestión dos servizos sociais, impulsado
polo Goberno-, horas máis tarde, en conferencia de prensa, condenaba á
poda o resto da ramada asistencial: a atención aos maiores, as Oficinas
de I+B (inclusión social, igualdade, apoio ás familias), os centros
Quérote, e o programa Xantar na Casa. "É un modelo de
xestión pouco eficiente e moi caro, que gasta máis en burocracia que en
asistencia", aseguraba Feijoo que, tal e como avanzara durante a
campaña electoral, ratificou ademais que se 'municipalizará' a xestión
dos servizos sociais e insinuou a súa posíbel privatización (en troques
do modelo público e centralizado, que defende o BNG, ou o público e municipalizado, polo que avogaba o PSdeG).
Case ao mesmo tempo, nunha outra comparecencia, Negreira secundaba
as afirmacións do seu presidente, asegurando que había máis de mil
prazas privadas que poderían estar concertadas, para que moitas das
persoas que permanecen sen asistencia botasen beneficio delas. Comunicado dos traballadores As
críticas non sentaron nada ben entre os principais afectados e
aludidos: os traballadores e traballadoras do Consorcio que fixeron
público un comunicado de sete puntos este venres onde manifestan o seu
malestar polas declaracións dos dirixentes populares, e poñen en valor tanto o seu labor profesional como o do propio sistema. "A
'eficiencia' do Consorcio tense demostrado coa implantación, posta en
marcha e xestión, nos últimos dous anos, de equipamentos de servizos
sociais no territorio galego, que tiña antes a dubidosa honra de
situarse á cola de todas as estatísticas en canto a ratios de cobertura
de servizos sociais", afirman. Consideran neste senso que o
Consorcio "contribuíu, de xeito importante a darlle volta a estas
estatísticas" para se achegar á "media estatal e europea". "Está é a
falta de eficiencia?", cuestiónanse. Ademais, afirman que "é unha mágoa
que un instrumento que está a vertebrar unha rede de equipamentos
públicos (...) sexa considerado como un 'problema'". Tamén,
recordan que o Parlamento aprobou unha Lei de Servizos Sociais onde
"explicitamente se recolle" que "o Consorcio, rexido polos seus
estatutos, promoverá a coordinación e cooperación efectiva cos
concellos galegos, a fin de asegurar unha cobertura equilibrada dos
servizos sociais en todo o territorio" de Galiza. Pregúntanse, xa que
logo se "está prevista a derrogación desta lei". "Rede de recursos públicos e de calidade" Ao
respecto, expoñen que "o 49% da representación do Consorcio é dos 267
concellos adheridos até a data". Concellos "de todas as cores
políticas", que están "representados en todos os órganos de xestión,
dirección e planificación do Consorcio", polo que sosteñen non se pode
falar de "marxinación". O Consorcio, salientan por último,
"dignificou o traballo de moitos profesionais do ámbito educativo e dos
servizos sociais" de profesións "historicamente esquecidas", e estes
coa súa "capacidade", "dedicación" e "esforzo" fixeron posíbel que
Galiza, "por primeira vez, conte cunha rede de recursos públicos, de
calidade, eficaces e altamente especializados para o uso de toda a
sociedade galega".
Link: VIONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
"Un modelo na picota" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|