AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 34 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 A Xunta de Galicia asumirá as competencias urbanísticas

PHP-NukeO Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o convenio entre o concello coruñés de Cedeira e a Axencia da Legalidade Urbanística, organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. O obxectivo principal deste acordo é a colaboración no restablecemento da legalidade urbanística que corresponda neste concello. Con esta adhesión serían 46 os concellos sumados: á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

A Axencia da Legalidade Urbanística é un ente público de natureza consorcial para desenvolver, en común pola Xunta de Galicia e os concellos que se integren de maneira voluntaria nela, as funcións de inspección, restauración da legalidade e sanción en materia de urbanismo e o desempeño de cantas outras competencias lle asignan os seus estatutos.

A través deste acordo, axústanse as súas relacións recíprocas aos deberes de información mutua, colaboración, coordinación e respecto polos ámbitos competenciais de ambas administracións.

Condicións
En virtude deste convenio, o Concello de Cedeira delega na Axencia da Legalidade Urbanística o exercicio das competencias municipais de inspección, supervisión, sanción e restablecemento da legalidade urbanística en relación coas obras e usos do solo que se executen sen licenza urbanística ou sen axustarse ás súas condicións, sempre que estean situadas nalgunhas das seguintes clases de solo: solo rústico, solo urbanizable mentres non sexa aprobado o correspondente plan parcial ou de sectorización, así como no ámbito dos núcleos rurais delimitados.

Nesta delegación de competencias non se inclúe a reposición da legalidade nin a potestade sancionadora en relación coas obras completamente rematadas antes da publicación deste convenio, que serán exercidas polo concello. A resolución dos recursos administrativos interpostos contra os actos emitidos pola axencia en exercicio de competencias delegadas corresponderá ao concello.

Entre outras disposicións, o municipio de Vilaboa terá que prestar cooperación e asistencia activa que o organismo autonómico lle solicite para o eficaz exercicio das súas competencias; facilitarlle ao persoal da axencia o acceso inmediato aos expedientes de planeamento, xestión e disciplina urbanística, así como canta información, documentación e axuda material precise para o adecuado cumprimento das súas funcións; e contribuír ao sostemento económico da axencia nos termos que establece o convenio de adhesión.


Link: Xunta de Galicia



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"A Xunta de Galicia asumirá as competencias urbanísticas" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.26 Segundos