AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 63 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 A Xunta potenciará o papel da APLU

PHP-NukeO conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, afirmou esta tarde que a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística será potenciada como garante do cumprimento da disciplina urbanística e elemento disuasorio contra do delito urbanístico no conxunto da Comunidade. Este reto de proceso urbanizador realizarase en base a pautas de racionalidade e de harmonía, en consonancia co rico patrimonio arquitectónico e colectivo e coa tradicional disposición xerarquizada do hábitat.

O titular de Medio Ambiente sinalou que a actual Xunta de Galicia conta con tres ferramentas imprescindibles en materia de ordenación e protección do territorio, que converterá á Comunidade galega nun referente das políticas de urbanización e territorialización do solo, especialmente do litoral de Galicia. O titular de Medio Ambiente fixo esta afirmación na clausura da xornada sobre a reforma da lei de ordenación urbanística de Galicia.Por un lado, indicou a modificación da Lei do Solo –que entrou en vigor no mes de abril- e que é a primeira medida normativa de calado auspiciada polo actual Goberno de Galicia, empeñado en facer do urbanismo, da ordenación territorial e da protección da paisaxe, unha das súas liñas de actuacións prioritarias.

Hernández manifestou que a actual Xunta ten a plena convicción de que Galicia non pode demorar por máis tempo a posta en marcha de normas e medidas eficaces para preservar o seu territorio.Ademais desta modificación, existen outros dous vectores directos relacionados coas políticas de ordenación -que serán aprobados neste mesmo ano-: o Plan de Ordenación do Litoral e as Directrices de Ordenación do Territorio.No caso do Plan, explicou que se trata dun documento esencial para protexer e ordenar a franxa costeira. Un territorio extremadamente fráxil, onde se asentan catro das nosas grandes cidades e importantes áreas urbanas que aglutinan arredor do 70% da poboación galega, considerou. En definitiva, un espazo de gran importancia que constitúe un dos sinais de identidade da nosa terra, matizou. As previsións da Xunta é que o Plan do Litoral sexa aprobado nos vindeiros meses e que a súa aprobación definitiva se leve a cabo a finais do presente ano.Deste xeito, Galicia contará cun segundo instrumento de ordenación e protección que será unha referencia para a eficaz integración das políticas territoriais e urbanísticas no litoral de Galicia, garantindo a conservación e preservación dos sistemas.

Paralelamente, traballase na elaboración das Directrices de Ordenación, un instrumento fundamental que o Goberno actual tivo que retrotraer o expediente administrativos –desde a súa situación de aprobación inicial- polos defectos formais detectados na súa tramitación ambiental. Na actualidade, estase a redactar o documento de referencia para continuar coa dobre tramitación, ambiental e de ordenación do territorio.Polo tanto, ao rematar ao rematar o ano 2010, Galicia vai contar con dúas das principais figuras de ordenación territorial: o Plan de Ordenación do Litoral e as Directrices de Ordenación do Territorio, que de forma conxunta van fortalecer a protección do medio e garantir un desenvolvemento ordenado, coa precisa seguridade xurídica para todo tipo de actuacións que teñan por base o noso territorio.

Mostras de transparencia e participación
O conselleiro de Medio Ambiente manifestou o seu desexo de que a tramitación do Plan do Litoral e das Directrices de Ordenación prime o consenso e que sexa novamente unha peza fundamental na actuación da Consellería. Lembrou que no caso da modificación da Lei 2/2010 que, malia non acadar a plena unanimidade –considerou, foi desde un principio unha boa mostra da intención de fomentar a participación e a transparencia, na procura de acadar un documento co máis amplo dos consensos. Explicou que este consenso tamén se afrontou a redacción do Plan de Ordenación do Litoral, que se atopa na fase final do seu período de consultas.

Link: XONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"A Xunta potenciará o papel da APLU" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.32 Segundos